O salón de plenos do concello do Carballiño acolleu hoxe a presentación da Festa Venezolana, que terá lugar esta fin de semana e chega a súa terceira edición.
Estivo presente o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, quen fixo fincapé na importancia da emigración e nos vínculos que unen O Carballiño con Venezuela, neste caso e amosou o seu apoio a esta celebración.
Como organización do evento, hoxe contamos con Nakary Agüero, quen quixo destacar que despois da pandemia e ca situación que segue a vivir Venezuela, chegou moita máis xente que sumou empadroados ó concello, e ós que queren facilitarlle a adaptación.
Neste caso, o evento comezará tanto sábado coma domingo ás 12:00 horas, e contará coma sempre cun ambiente familiar, xogos e música tradicionais, actuacións locais e un festival de talentos, comida, bebida e postres típicos venezolanos.
Tamén estivo presente o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, quen quixo poñer en valor o importante de compartir culturas e da integración entre ambos pobos a través desta festa.