A Praza de Abastos prevé superar o éxito do ano pasado na súa campaña de verán

A Asociación de praceiros do Carballiño ten en marcha ata o 22 de setembro a súa campaña de promoción de ventas de verán “Conéctate ca Praza de abastos”.

Os agasallos deste ano serán fundamentalmente tecnolóxicos, con tablets, móbiles e electrodomésticos, botellas de viño Pazo Tizón e circuítos termais nas Caldas de Partovia e unha estancia no Gran Talaso de Sanxenxo. Ademais, sortearanse 500 euros en vales de compra. Para poder participar o único que tedes que facer e mercar produtos frescos na praza e con cada compra recibiredes unha papeleta que entrará no sorteo. Dende a Praza destacan a participación da xente, e tamén que a hostalaría siga confiando neles.

AVANTAR ACTIVIDADES