Ante as dúbidas da investigación da OMS sobre a Covid19, González Casares reclámalle á Comisión cla

Para o representante socialista determinar a orixe do virus é “crucial para previr e
mitigar futuras crises sanitarias”
Bruxelas, 17 de febreiro de 2023
Un ano despois de que a pandemia da Covid-19 impactase nas nosas vidas, a principios
do 2021, a Organización Mundial da Saúde (OMS) convocaba a un grupo de expertos a
nivel internacional para desprazarse a Wuhan e rastrexar a orixe do SARS-CoV-2.
Nesta primeira investigación, que contou coa participación de científicos chineses,
estudáronse catro posibles causas. O informe final estableceu a propagación do virus
de morcegos a humanos, posiblemente a través doutras especies, como a máis
probable.
Aínda que esta primeira misión tiña como obxectivo asentar os piares do estudo, coa
segunda búscase obter unhas conclusións máis concretas. Ante as dúbidas xeradas
esta semana ao redor da continuidade da OMS coas investigacións ante o receo de
China, desde o Parlamento Europeo, o eurodeputado Nicolás González Casares
diríxese á Comisión Europea. O socialista reclama ao organismo que se informe sobre
esta situación que podería entorpecer enormemente o coñecemento desta e futuras
pandemias. Tamén en pregunta parlamentaria, Casares pídelle á Comisión que aclare a
súa postura respecto diso.

“Determinar a orixe e a serie de acontecementos que levaron a este virus para infectar
ao ser humano e transmitirse entre individuos ata acabar xerando unha pandemia é
dunha importancia crucial para previr e mitigar futuras crises sanitarias”, insiste
González Casares.
Máis de seis millóns de persoas faleceron por Covid-19 en todo o mundo, segundo os
rexistros oficiais da OMS, que recoñece que a cifra real é superior