O concello de Ribadavia oferta catro postos da Praza de Abastos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello asegurou que é de interese público que os postos da Praza de Abastos estean en funcionamento para garantir a mellor prestación do servizo aos veciños e para xerar ingresos públicos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os postos ofertados son os correspondentes ós números 10,14,15 e 16 ubicados na planta baixa. A forma de adxudicación da concesión será o procedemento aberto, no que todo interesado poderá presentar unha proposición.

As taxas a abonar son de 48,08 euros / mes e o prazo de utilización será de máximo de 20 anos. Sen permiso municipal non se poderán realizar obras nin instalacións.

As ofertas presentaranse no rexistro do concello de Ribadavia, en horario de atención ao público, dentro do prazo de quince días.

Cada licitador non poderá presentar máis dunha proposición. Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en unión temporal con outro si fíxoo individualmente ou figurase en máis dunha unión temporal.