Axentes da Policía Autonómica de Ourense  esclareceron un incendio rexistrado no concello ourensán de Melón.

Axentes do grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica de Ourense,  en colaboración con Axentes Ambientais do Distrito XI (Ribeiro- Arenteiro), procederon a tomar declaración a un varón, investigado como presunto autor dun incendio forestal ocorrido este domingo na parroquia de Moces, concello de Melón, e que afectou a unha superficie de 0,02  hectáreas de superficie rasa.

O feitos producíronse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais, sen as  debidas medidas de precaución, o que posibilitou que o lume se propagara polo resto da finca. Ao incendio acudeu un axente forestal de dito Distrito.

As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia (Ourense).No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 30 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.