A Praza de Abastos sorteou hoxe os premios da campaña de verán “Conéctate ca Praza”

Publicidade ASPADISI

A Praza de Abastos do Carballiño puxo fin esta mañá á campaña de verán “Conéctate ca Praza”, ca realización do sorteo dos premios ofertados nesta edición. Nesta ocasión, a campaña tivo un gran éxito, conseguindo superar en preto dun milleiro de papeletas a participación do ano pasado, chegando case ás 9.000.

A concelleira Silvia Baranda seguiu animando á xente a mercar na praza e amosou o apoio constante do concello con todas as iniciativas dos praceiros.

HIPER MASIDE

O presidente dos praceiros, Eligio González, destacou a calidade dos premios desta campaña, sendo a máis potente en canto á calidade e custo.

Agora ofrecemos o resultado do sorteo. Unha táblet para Mª Ángeles Rodríguez; unha funda para tablet para Camilo; un teléfono móvil para José Luis; dúas pulseiras deportivas para Julia e Elisa Martínez; unha cafeteira para Juan; unha tostadora para Luis Martín; unha caixa de viño Pazo Tizón para Pura López; 10 vales de compra valorados en 50 euros cada un para Palmira Fernández, Atanes, Manuel Bolivar, María González, Jose, Carina Cerdeira, Rosa, Monchi Quintela, Miriam e Eva Ucha; dous circuítos termais nas Caldas de Partovia para Sonia Trigás e Aaron; e unha fin de semana no Gran Talaso de Sanxenxo para Ricardo. Os gañadores serán avisados ó seu teléfono móvil.