A oposición reclama a Casa da Xuventude e melloras na biblioteca para a mocidade

No pasado pleno, que tivo lugar o mércores desta semana, os grupos da oposición fixeron presión ó grupo de goberno pola inacción para a creación da Casa da Xuventude, presentada como unha necesidade para cubrir a falla de espazo de ocio dos mozos.

Dende Espazo Común recordan a opción que anunciara o goberno de habilitar un espazo na Casa da Cultura, que sería provisional e con custo cero.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte do grupo de goberno respaldan a súa espera a ter noticias por parte da Xunta de Galicia en relación á cesión da infraestrutura da estación de autobuses.

Por outra banda, tamén volveu a saír nesta sesión a problemática ca biblioteca, pola que todos preguntan polo seu funcionamento e polas melloras no servizo prometidas polo goberno.

O alcalde asegurou que no mes de marzo sacarase unha praza da interinidade por tres anos para cubrir a baixa temporal da persoa actual en réxime de auxiliar.