Estabilidade nos contaxios novos de covid-19 tanto en Galicia coma na provincia

A comunidade galega rexistra hoxe 2.254 contaxios novos. O número de casos activos ascenden hoxe ata os 21.256. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 18 (=) están en UCI e 425 (+7) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 246 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan hoxe ata os 2.429. En canto á presión hospitalaria, contamos con 59 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (=)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES