O Arenteiro enfrontarase ao EFF Rosalía: o derbi ourensán da 2ª División Galega Feminina

Este domingo citaranse o estreado equipo feminino do Arenteiro contra o EFF Rosalía,
a primeira escola de fútbol feminino en Ourense. O equipo da capital ocupa o segundo
posto na clasificación mentres que o Arenteiro vai de sexto, preto de entrar en fase de
play-off. O Campo Municipal de Oira acollerá caras coñecidas, xa que moitas das
xogadoras compartiron equipo nalgún momento.

O primeiro equipo feminino do Arenteiro naceu o 8 de marzo de 2021, día da muller
coa idea de ofrecer unha oportunidade máis para desfrutar do fútbol. Porén, o EFF
Rosalía, ten un maior percorrido, dende 2017 que se iniciou o proxecto.

AVANTAR ACTIVIDADES

A adestradora do Arenteiro, Alba Rodríguez, que formou parte do EFF Rosalía nun
primeiro momento, reivindica a ilusión e ganas de intentar competir contra un equipo
que coñece a categoría e leva anos competindo nela: “Esta xornada esperámola con
ganas como cada fin de semana e en especial por ser o rival que é, onde adestrei con
moitas nenas que agora o forman”.