O Ourenrock Sound XS abre hoxe o telón con “Dakidarría”

O Festival Ourenrock Sound XS chega este ano ó Carballiño, nun formato adaptado á pandemia que permite seguir desfrutando da boa música. Serán tres xornadas, empezando dende hoxe, con actuacións ubicadas na Insua dos Poetas, espazo adaptado con separación entre asistentes. Hoxe abrirán o cartel o grupo Dakidarría, ás 22;00 horas, con teloneiros Tandub, dende as 20:30 horas. As portas xa estarán abertas dende as 19:30 horas.

O sábado e o domingo contaremos cos pratos fortes de Iván Ferreiro e M-Clan, ambos tamén no mesmo horario. Para estes dous concertos aínda hai entradas á venda online.

AVANTAR ACTIVIDADES