A alcaldía de Cenlle nomea como tenentes de alcalde a Carla Sandrina Cerqueira e a Ángel Ramón Fernández

IES CHAMOSO LAMAS

Unha vez creada a Xunta de Goberno Local polo acordo do Pleno da Corporación a Alcaldía designou como tenentes de alcalde do Concello de Cenlle aos seguintes concelleiros, membros da Xunta de Goberno: coma primeiro tenente de alcalde: dona Carla Sandrina Cerqueira Oliveira e coma segundo tenente de alcalde: don Ángel Ramón Fernández Álvarez.

Aos tenentes de alcalde corresponderalles substituír á Alcaldía na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que o imposibilite para o exercicio das súas atribucións, así como no suposto de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo alcalde.

HIPER MASIDE