A Xunta amplía horarios e aforo da hostalaría para a ponte de San José e revisará as medidas para Semana Santa

O comité clínico acordou que desde o vindeiro venres rexan as medidas do nivel máximo de restricións no municipio de Maside. As medidas que supón este nivel son o peche da hostalaría, peche perimetral do municipio agás por causa xustificada e prohibidas as reunións de persoas non conviventes.

Publicidade

Así mesmo, determinaron o establecemento do nivel alto de restricións en Boborás. As medidas deste nivel son a hostalaría aberta so con 50% de aforo en terrazas, mobilidade permitida entre concellos nese nivel (Boborás é o único da comarca) e permitidas reunión de máximo 4 non conviventes.

O conxunto de medidas acordadas polo comité clínico entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 19 de marzo.

En canto ás medidas para esta ponte de San José, o comité sinala que se revisarán de cara a Semana Santa.

O alivio que porá en marcha a Xunta de Galicia consiste en ampliación do horario da hostalaría pero mantense o toque de queda ás 22:00 horas e prohibidas as reunións en domicilios. A hostalaría terá apertura nos seguintes niveis:

  • Nivel máximo de restriccións. OS concellos que están neste grupo, como Maside, seguen sen cambios. Hostalaría pechada, prohibidas reunións con non conviventes, e peche perimetral salvo causas xustificadas. Maside, Vilardevós e Paradela están neste nivel.
     
  • Incidencia 250-500: Boborás e A Mezquita. Hostalaría solo poderá abrir en terrazas, ampliación de horario ata as 21,00 horas. O aforo mantense sen cambios no 50%.
     
  • Incidencia 150-150: afecta a 14 municipios: aforo do 30% en interior e 50% en exterior. O horario de peche amplíase ás 21,00 horas. En Ourense estas medidas afectan a Coles.
     
  • Inferior a 150: o aforo en interior amplíase ó 50%, en exterior ó 75%, e amplíase o horario de peche ás 21,00 horas.

PUBLICIDADE