Os institutos de Secundaria e Bacharelato inician esta semana a presentación do curso

No Carballiño, o IES número 1 realizará esta semana tres xornadas de presentación escalonadas para que se incorporen os alumnos na súa totalidade e inicien o curso lectivo o próximo luns, con servizo de transporte incluído. Hoxe foi o turno dos alumnos de 1º e 2º de ESO; mañá xoves farano os alumnos de 3º de ESO e 1º de Bacharelato e o venres día 25, os alumnos de 4º de ESO e 2º de Bacharelato. Estas presentacións só son xornadas informativas para o alumnado de cómo será a volta as aulas. Os rapaces serán recollidos polos seus tutores na entrada do centro e levados ás aulas.

Publicidade

O alumnado do IESn1 arranca coas presentacións cos seus titores e repasan aspectos do protocolo que xa están na páxina web do centro

No caso do IES Chamoso Lamas, a actividade terá o mesmo calendario, con presentación esta semana e inicio lectivo o luns día 28. Hoxe foi a quenda de 1º e 2º da ESO e 1º de Bacharelato; mañá farano 3º da ESO, 2º de Bacharelato, 1º de FP, Bacharelato Semipresencial e ESA para adultos; e o venres FP Básica, 2º de FP e 4º da ESO. As presentación serán no horario indicado para cada curso na páxina oficial do centro e terán lugar no pavillón por horario de chamada.