Cortegada comeza a tendencia á baixa, rexistrando hoxe cinco casos activos

Cortegada conta hoxe con cinco casos activos, dous menos ca na xornada de onte. Hoxe presenta o máximo da comarca. O comité clínico mantén a Cortegada no nivel medio, o que supón o foro interior da hostalaría en 30% de aforo interior e o aforo do 50% en terrazas.

Publicidade

Ribadavia mantén catro casos activos, a mesma cifra ca esta fin de semana. Arnoia mantén un caso activo, rexistrado o pasado día 23 de abril.

Os demais concellos, Beade, Leiro, Melón, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle están libres de covid.

O resto dos concellos están no nivel mais baixo de restricións, o medio-baixo, ao igual que os concellos da comarca do Carballiño.