As festas patronais do San Cibrao do Carballiño celebraranse entre os días 13 ao 19 do presente mes de Setembro, cunha ampla programación de concertos, nos que destacan Gin Toni’s, Guadi Galego, un tributo aos Dire Straits, e as orquestra La Fórmula e Panorama, que actuarán, respectivamente, os días 14, 15, 16 e 17.
Asemade, na xornada de apertura, o venres 13, e dentro do ciclo ‘Feito no Carballiño’, está prevista a actuacoión dos grupos Susie Q’s, Five Pipers e Os Kambotes. As charangas CLK, Dr. Anchoa, Serandeiros e Castro Bello encargaránse da animación en rúas e prazas da vila, mentres a banda de música de Boborás e a Agrupación Musical da Limia protagonizarán os tradicionais concertos populares. O concelleiro de Turismo e Festexos, Manuel Dacal, adiantou os detalles da programación