XXXVIII Xornadas de Folclore: ” Unha oportunidade de coñecer outras músicas e danzas tradicionais do mundo”

César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación, deu a benvida aos participantes na cerimonia de inauguración desta nova edición das Xornadas

Ourense, 07 de Agosto de 2023.-  As XXXVIII Xornadas de Folclore de Ourense, organizadas   pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, comezaron hoxe o seu percorrido cunha colorida cerimonia inaugural no Teatro Principal.

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste acto de apertura, o vicepresidente segundo da Deputación e deputado delegado de Cultura, César Fernández, deu a benvida á provincia de Ourense á representación das agrupacións folclóricas participantes, poñendo en valor unha cita que “dinamiza os nosos pobos neste tempo de verán e ofrece a oportunidade de coñecer outras músicas e danzas tradicionais do mundo”. Todo elo, dixo, grazas ao excelente labor organizador do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e do coordinador das xornadas, Julio Fernández. “

A emblemática Escola de Danza-Castro Floxo da Deputación foi a encargada de amosar o folclore ourensán neste primeiro acto das xornadas, no que os representantes dos participantes subiron ao escenario ataviados cos seus traxes tradicionais durante o desfile de bandeiras. O acto contou ademais coa proxección dun vídeo para dar a coñecer aos compoñentes das agrupación folclóricas os encantos da provincia.

Ata o próximo 16 de agosto as agrupacións Amazebra (Sudáfrica); Bafopaz (Bolivia); Tungurahua (Ecuador); Hui Shou “Ofi” (Tahití); Bafolse (Arxentina) e Poltava (Ucraína) amosarán as danzas e música tradicionais dos seus territorios en 16 vilas ourensás en horarios de 20.30, 22.30 e 23.00 horas.

Mañá, 8 de agosto:  Bande e A Rúa

As Xornadas inician mañá o seu periplo pola provincia ourensá en Bande e A Rúa. A música e a danza dos grupos Tungurahua (Ecuador), Amazebra (Sudáfrica) e Bafolse (Arxentina) invadirán a Praza da Constitución de Bande, a partir das 20. 30 horas.

A cita en A Rúa será no Parque do Aguillón, a partir das 22.30 horas. O folclore de países tan alonxados entre sí como Bolivia, Tahití e Ucraína amosará as súas raíces propias nesta primeira cita das Xornadas coa provincia ourensán a través do traballo dos grupos Bafopaz, Hei Shou Tahití “Ori” e Poltava, respectivamente.