O Extremo Mesego volveu ao Carballiño logo dun ano de parón

O Extremo Mesego volveu despois dun ano de parón. O crono urbano, a proba máis chamativa, do sábado pola tarde, quedou suspendida a causa da choiva e por seguridade. Aínda así, as probas celebradas no Penedo e en Pena Cobertoira transcorreron con normalidade. O presidente do Extremo Mesego falounos de como foi a organización.

O evento enmárcase como unha cita obrigada no calendario tanto para afeccionados como para pilotos, que veñen de toda España e tamén de Portugal a competir. Entre eles algúns nomes recoñecidos e tamén pilos como Marc Fernández, que aproveitan eventos coma este como adestramento para o mundial.

AVANTAR ACTIVIDADES