As Xornadas pola Ciencia rematan cunha feira científica

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os dous institutos do Carballiño, IES nº1 e IES Chamoso Lamas, en colaboración co concello, puxeron en marcha a primeira edición das Xornadas pola Ciencia. Toda a pasada semana realizaron actividades e tres conferencias con investigadores  relacionados coa ciencia de distintos campos desta comarca.

Finalmente o venres pola tarde, pecharon cunha feira científica na que sacaron ó entorno da Veracruz, a causa da choiva, stands con experimentos, proxectos e inventos científicos feitos polo alumnado e que eles mesmos explicaron ó público.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO