Comeza o XII Congreso do Centro de Estudos Chamoso Lamas no Carballiño

A Casa da Cultura acolleu hoxea inauguración do XII Congreso do Centro de Estudos Chamoso Lamas. O presidente da entidade, Carlos Rodríguez, destacou o esforzo de poñelo de novo en marcha trala pandemia e ademais nun período no que houbo un cambio na directiva do organismo.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, estivo tamén presente hoxe, e fixo fincapé en recoñecer o traballo feito polo colectivo en 26 anos, a base para conservar o patrimonio deste entorno.

AVANTAR ACTIVIDADES

Alicia González, profesora da Universidade de Vigo, destacou a importancia destas xornadas e do traballo que hai detrás na historia e divulgación do territorio.

Entre as actividades do día de hoxe houbo debates e proxectouse o documental do IES Chamoso Lamas “Meliladas. Memoria viva do río Arenteiro” con coloquio posterior. Tamén hoxe renderon homenaxe a José Luis Cuerda.

O sábado comezarán na Casa da Bexanca en Cabanelas. Por primeira vez celebrarán o congreso en diferentes puntos. O sábado desprázanse ata Oseira, para ver o Museo Olimpio Liste e tamén visitarán a Fábrica do Papel.

En canto ó domingo, pola mañá os coloquios terán lugar na casa de Cabanelas e pola tarde desprazaranse ata a adega Pazo Tizón. A xornada rematara ca entra de diplomas.