A Denominación de Orixe Ribeiro recibiu dous Grandes Bacchus de Oro, 17 galardóns de Oro e catro distincións de prata na 24ª edición do Concurso Internacional de Viños Bacchus 2026, celebrada do 24 ao 26 de marzo en Madrid.
Os dous viños brancos galardoados co Gran Bacchus de Oro (máis de 93 puntos) foron Prado Alén Selección 2025 e Ramón do Casar Treixadura 2025. O xurado do concurso premiou con Bacchus de Oro aos viños brancos A Telleira Caíño Blanco 2022, A Telleira Parcelas 2024, Adeus 2024, Alberte Doble Leas 2022, Alter 2025, Amadeus 2025, Antonio Montero Autor 2025, Cesases Imperium 2025, Cunqueiro Tercer Milenium 2025, Laudes 2024, Máis de Cunqueiro Torrontés 2025, Ramón do Casar Godello 2024, Ramón do Casar Nobre 2024, Ramón do Casar Varietal 2025, Scalpellino 2024 e Val de Nairoa 2022. O tinto Maleiga Lapso 2024 tamén recibiu un galardón dourado. E, para rematar, as referencias de viño branco As Furnas 2025, Eduardo Bravo 2024, Pepe Carrasca 2023 e Toubes 2023 foron distinguidas cunha prata no certame.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A presidenta do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Concha Iglesias comenta: “estamos moi satisfeitos cos resultados obtidos neste concurso, o que demostra que seguimos no camiño correcto do recoñecemento da calidade dos nosos viños como referente a nivel nacional e internacional.”
Un total de 1.540 viños participaron na cata a cegas organizada pola UEC (Unión Española de Catadores) coa implicación por parte dun centenar de prestixiosos líderes de opinión nacionais e internacionais como xurados de Bacchus 2026, incluíndo Masters of Wine, Masters Sommelier, catadoras, importadores, responsables de compras e comunicadores.
Referente a nivel nacional e internacional, Bacchus é membro da Federación Mundial de Grandes Concursos de Viños e Espirituosos (VINOFED) e conta co recoñecemento da OIV e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de España (MAPA).
















