Cine Club remata este venres a programación da tempada coa película “Tres adioses”, de Isabel Coixet

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño pon fin á programación da tempada 2025-26 este venres, 29 de maio, coa película “Tres adioses”, de Isabel Coixet. Tras o que semellaba unha discusión sen importancia, Marta e Antonio sepáranse. El, un chef prometedor, refuxiase nos seus fogóns; ela, no seu silencio, comeza a notar algo máis que tristura: perdeu o apetito … e non só por desamor.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cando descobre que detrás hai un problema de saúde, todo da un xiro inagardado: a comida sabe mellor, a música chégalle coma nunca e o desexo esperta as súas gañas de vivir sen medo. Para moitos, a mellor película de Coixet, é unha fermosa reflexión sobre a morte o desamor.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Os pases de proxección serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 en versión orixinal subtitulada (VOS).

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------