Os senadores do PP de Ourense instan ao Goberno de España a explicar os criterios para optar aos fondos Next Generation e demandan que a circunvalación norte poida acceder a estes fondos

Os representantes populares ourensáns na Cámara Alta argumentan que un proxecto como a circunvalación norte de Ourense sería idóneo para optar aos fondos europeos, do mesmo xeito que optará a avenida Alfonso Molina da Coruña.

Publicidade

·    “A día de hoxe non sabemos se sucede o mesmo coa construción da circunvalación de Ourense, máis concretamente do tramo Eirasvedras-Quintela da variante norte de Ourense (A-56), cuxa petición foi trasladada en reiteradas ocasións ante o Ministerio de Transportes, Mobilidade a Axenda Urbana por parte da Xunta de Galicia”, explica o senador Jesús Vázquez.

·   A circunvalación norte supón un dos grandes proxectos estratéxicos da cidade de Ourense, incluída nunha zona da capital, -o barrio da Ponte-, na que se desenvolve un District Heating -Ecobarrio-, plan de enorme magnitude e que, á súa vez, posibilitará o futuro bulevar termal da cidade e permitirá o desenvolvemento turístico e económico dunha cidade que ten posta toda a esperanza no ámbito termal.

·  Os senadores reclaman saber se estará incluída a construción da circunvalación norte dentro do grupo de proxectos que poden optar aos fondos  Next  Generation, “na medida en que son fondos encamiñados ao desenvolvemento do noso país e esta infraestrutura conforma un gran proxecto tendente ao pulo económico e estratéxico de Ourense”, conclúe Jesús Vázquez

Os senadores populares veñen de preguntar ao Goberno de Pedro Sánchez sobre os criterios para determinar que obras e proxectos poden optar aos fondos Next Generation, argumentando ademáis que un proxecto como a circunvalación norte de Ourense (que desde que Pedro Sánchez está no Goberno non se moveu en absoluto, pese a que o Executivo de Mariano Rajoy deixara lista a tramitación para a súa licitación) sería idóneo para optar a estes fondos, do mesmo xeito que optará a avenida Alfonso Molina da Coruña.

Tal e como explica o senador ourensán Jesús Vázquez, onte xoves (29 de abril) deuse a coñecer por parte do delegado do Goberno en Galicia que a reforma da avenida Alfonso Molina, na Coruña, optará aos fondos Next Generation para axilizar a súa tramitación. “A día de hoxe non sabemos se sucede o mesmo coa construción da circunvalación norte de Ourense, máis concretamente a construción da “Variante de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela da Variante Norte de Ourense (A-56)”, cuxa petición foi trasladada en reiteradas ocasións ante o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana por parte da Xunta de Galicia”.

O PP vén reclamando esta obra desde hai máis de 20 anos, “e é un feito que desde 2018 está preparada para a súa licitación, cun compromiso firme do que fose ministro de Fomento naquela etapa, Íñigo da Serna, sen que se dera ningún paso neste sentido ata o momento”. Ademais, dixo Vázquez, a circunvalación norte supón un dos grandes proxectos estratéxicos da cidade de Ourense, incluída nunha zona da capital, -o barrio da Ponte-, na que se desenvolve un District Heating -Ecobarrio-, plan de enorme magnitude e que, á súa vez, posibilitará o futuro bulevar termal da cidade e permitirá o desenvolvemento turístico e económico dunha cidade que ten posta toda a esperanza no ámbito termal.

Por elo, os senadores ourensáns reclaman saber se estará incluída a construción da circunvalación norte de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela, dentro do grupo de proxectos que poden optar aos fondos  Next  Generation e reclaman que, se non está contemplado, se inclúa este proxecto “na medida en que son fondos encamiñados ao desenvolvemento do noso país e esta infraestrutura conforma un gran proxecto tendente ao desenvolvemento económico e estratéxico da cidade de Ourense”, conclúe Jesús Vázquez.