O venres 29 de xullo, ás 20 horas, a Fundación Vicente Risco organiza un concerto na Adega Joaquín Rebolledo na Rúa.

Un concerto de jazz a guitarra do dúo Rubén Reinaldo e Kely García. A Fundación Vicente Risco leva a cabo esta actividade na Adega Joaquín Rebolledo unha vez ao ano pola acústica que ten a cova onde se celebra o concerto, un lugar ao que merece a pena ir, tanto polo entorno como pola calidade dos músicos galegos que actúan, que foron os pimeiros en sacar ao mercado un disco de jazz conceptual en Galicia: “Acuarel”. No concerto tamén hai dúas protagonistas veteranas a Gibson ES-335 que toca Rubén Reinaldo e a ES-165 de Kely García, de sonido limpo, puro e cristalino.Ao remate do concerto haberá unha cea na adega.
A actividade ten un prezo de 40 euros por persoa, 30 euros para mecenas da Fundación Vicente Risco, e inclúe o concerto, a cea e o traslado en autocar. Inscricións no enderezo de correo electrónico secretaria@fundacionvicenterisco.com indicando nome, apelidos, número de DNI e teléfono de contacto, achegando o xustificante do ingreso bancario na conta da Fundación Vicente Risco.