Mañá comeza o primeiro congreso sobre a auga e saúde organizado por Termatalia

Este congreso celebrarase mañá e pasado, os días 16 e 17 de setembro, e está organizado en formato híbrido, de xeito presencial en Expourense ou online.

O programa desta primeira edición conta con 50 participantes e procedentes de 9 países (Arxentina, Brasil, España, Estados Unidos, Italia, Portugal, Tailandia, Túnez e Uriguay). Este congreso conta co apoio da Deputación Provincial e da Concellería de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense, entre outras entidades coma a Cátedra Hidrolóxica Médida da Universidade de Santiago.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ata o momento xa se recibiron máis de 300 inscripcións de profesionais do sector procedentes dunha vintena de países. A participación neste congreso será gratuita mediante invitación de Termatalia ou das entidades colaboradoras. O formulario de inscripcións e o programa de conferencias pode consultarse na web www.congreso.termatalia.com.

Unha das sesión prestará especial atención á situación vivida polo sector en relación ca pandemia da Covid-19. Haberá unha mesa redonda que analizará a visión global do turismo e da saúde en tempos de coronavirus.