Christian Casas substitúe a Celia Salceda na dirección do Conservatorio Profesional do Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño despídese hoxe de Celia Salceda, que dirixiu o Conservatorio Profesional e a Escola de Música Municipal (CMUS) do Carballiño os últimos oito anos. Durante a súa etapa á fronte da institución, “o seu labor non só se caracterizou por unha xestión administrativa rigorosa e eficiente, senón tamén por unha calidade humana excepcional e un compromiso inquebrantable coa dinamización cultural do noso municipio”, apuntan desde o goberno municipal. Nesa liña, poñen en valor o seu “constante esforzo por estreitar os lazos de colaboración entre o Conservatorio e a administración”.

Desde o goberno local resaltan o gran traballo de Salceda, quen liderou o centro cun proxecto de gran calidade educativa durante épocas difíciles, como a pandemia da covid-19 ou o traslado de edificio debido ás obras para mitigar a presenza de gas radón no Conservatorio. A exdirectora e o seu equipo foron quen de ampliar o número de horas e de especialidades, así como de impulsar novos proxectos como o festival O Carballiño Soa ou reforzar a actividade docente.

Será o profesor Christian Casas quen tome a dirección do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) do Carballiño. Desde o Concello trasládanlle os seus mellores desexos para o éxito dos proxectos que asuma ao fronte do centro educativo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------