O Ribeiro mantén estable a pandemia, con catro concellos libres de coronavirus

Ribadavia presenta hoxe 4 casos activos, os mesmos ca na xornada de onte. Leiro mantén hoxe tres contaxiados, tras subir un caso nesta fin de semana. Cortegada e Avión presentan dous casos cada un deles, manténdose estables. Arnoia e Cenlle manteñen un caso activo cada unha delas. Beade, Melón, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño mantéñense libres de coronavirus. No caso de Beade onte tiña un caso e hoxe pasou a estar libre de coronavirus.

Publicidade