O Entroido de Verán ofrece desfile de charangas e comparsas este sábado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño continúa coa súa programación de verán. Esta fin de semana será a quenda do Entroido de Verán, que contará de novo co desfile de comparsas polo centro da vila, a partir das 20:00 horas. A comitiva sairá dende a Veracruz, facendo un percorrido máis curto ca no caso do desfile de inverno. Serán as comparsas da vila e dos arredores, charangas e tamén varios procedentes de Amoeiro. A continuación, para seguir coa festa, actuará ás 23:30 horas a Orquestra Greasse.

Un total de 37 locais de hostalaría quixeron colaborar con esta iniciativa aportando unha axuda económica. Tamén o CCA colabora con esta celebración. Estas iniciativas son moi ben acollidas polo tecido empresarial de todos os sectores.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO