O’Potiños renova as exposicións do Arenteiro Fotográfico

O evento fotográfico por excelencia do Carballiño, o Arenteiro Fotográfico, organizado po O’Potiños, segue en marcha durante este mes de novembro. Neste caso, xa foron renovadas as nove exposicións que dan forma ao novo local, ubicado na rúa Evaristo Vaamonde. A primeira delas, e que pechará o ciclo neste evento, será a mostra en homenaxe ás familias pulpeiras do Carballiño, para a que teñen a intención de facer un acto de entrega aos participantes.

Entre o resto de exposicións que se poden desfrutar de venres a domingo, dende as 18:00 horas ata as 21:00 horas, hai unha gran variedade de temáticas. Entre elas atopamos fotografía máis documental e tamén unha mostra especial que se remonta á pandemia a través de polaroids.

AVANTAR ACTIVIDADES