Detención no Barco de Valdeorras

NOTA DA GARDA CIVIL

A Garda Civil do Barco de Valdeorras, detivo onte ás 15:00 horas a J.A. R, de 47 anos de idade e veciño do Barco de Valdeorras, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, ao ser sorprendido nunha zona próxima á Estación de Autobuses do Barco de Valdeorras, con 9 dose de heroína, 8 dose de metadona, e 160 euros en billetes fraccionados. A Garda Civil puxo en marcha un dispositivo, tras recibir varias informacións dunha persoa que se dedicaba á venda polo miúdo de heroína na Zona da estación de autobuses. O detido ten dúas detencións previas por tráfico de droga e outra detención por conducir carecendo de permiso de condución.

AVANTAR ACTIVIDADES