Seis concellos do Ribeiro están libres de coronavirus. Ribadavia presenta o máximo con 5 casos

Ribadavia mantén hoxe un total de 5 casos activos, a mesma cifra ca onte logo de varios días presentando seis casos. Hoxe a capital conta co máximo da comarca.

Cortegada conta hoxe con catro casos activos, un caso menos ca na xornada de onte.  O concello de Beade conta con 3 casos activos, os mesmos casos ca onte, conseguindo reducir os 7 casos que o manteñen coma o único concello galego en nivel máximo de restricións, unha condición que podería cambiar mañá no comité clínico.

AVANTAR ACTIVIDADES

Leiro conta hoxe cun caso activo, a mesma cifra dende fai dez días. Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón están libres de covid.