Cancélase o espectáculo das Xornadas de Folclore previsto no Carballiño debido á situación de emerxencia por lumes

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A organización das ‘XL Xornadas de Folclore’, en coordinación co Concello do Carballiño, vén de cancelar o espectáculo previsto para as 22,30 horas de hoxe na Praza da Veracruz, no contexto da situación actual de emerxencia na provincia polos incendios forestais.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ademais, os organizadores, dacordo cos concellos afectados, tamén veñen de tomar a decisión de suspender tódolos espectáculos programados ata o luns 18 de agosto incluído.

Así, as actuacións suspendidas son as de hoxe no Carballiño; as de mañá en Xinzo de Limia e Castro Caldelas, e a de Celanova do luns, que se suma á de Trives que fora anulada onte.

O resto das actuacións na provincia mantéñense polo de agora, pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisi´´ons máis axeitadas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------