Este xoves o Bng do Carballiño fará a Presentación da Lei Galega de Residencias de Maiores

XOVES 31 DE MARZO ÁS 20:00  NA CASA DA CULTURA

O grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, ven de presentar una proposición de lei galega de residencias de maiores.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na Galiza, estamos a falar ao respecto dun sector sen regulación.

A ratio é de 3 prazas por cada 100 maiores de 65 anos, lonxe das rateos recomendadas pola OMS.

8 de cada 10 prazas de residencias en Galiza son privadas, xestionadas por grandes grupos de investimento.

A Xunta de Galiza drena cantidades inxentes de diñeiro público para soster o negocio das empresas privadas.

Consecuencias do modelo privatizador son:

  • listas de agarda para acceder  a unha praza.
  • Profunda inxustiza social e desigualdade territorial

O xoves 31 de marzo ás 20:00 na Casa da Cultura, no Carballiño, Olalla Rodil, Viceportavoz 1ª do grupo parlamentar do BNG. Portavoz das areas de servizos sociais, feminismo, innovación ,ciencia e control da CRTVG; falará e dará cumprida información dos aspectos máis relevantes da proposta de lei galega de residencias de maiores .No acto participará Tamén a concelleira do BNG no Carballiño Sofía García e o responsable local do BNG Andrés  Fernández.