Resposta de Espazo Común ao lamentable comunicado emitido polo Psoe do Carballiño

RESPOSTA DE ESPAZO COMÚN AO LAMENTABLE COMUNICADO EMITIDO POLO PSOE DO CARBALLIÑO SOBRE O REPARTO DE MASCARILLAS

Ante o comunicado emitido polo PSOE do Carballiño sobre a nosa denuncia dun reparto clientelar e sectario de mascarillas, que máis ca unha explicación é unha lista de insultos de rabia e de xustificacións inauditas, queremos indicar que :
1. Afirman que é mentira o que dixemos e sen embargo recoñecen que o señor Dacal andivo a repartir mascarillas no seu coche particular. En qué mentimos logo?
2. Se como dín, se repartiron mascarillas a maiores de 80 anos que viven sós, por qué temos coñecemento (nós e todo O Carballiño) de infinidade de casos de xente nesa situación que non sabía de dito reparto nin, por suposto, recibiu ningunha?
3. Tívose en conta a situación de moitas persoas consideradas de risco á hora de establecer o reparto? Consultouse con algún experto sanitario para decidir a quen priorizar? Evidentemente, non.
4. Se non denuncia a situación Espazo Común, non se sabería do reparto. Sendo este gobernó coñecido pola súa tendencia a colocarse no escaparate e vender titulares a díario e se era algo tan normal, por qué se estaba a facer ás escondidas?
Lamentamos fondamente que a única resposta a unha actuación feita dende o Concello parta, sorprendentemente, do partido político que o sustenta e que lonxe de incluir un propósito de enmenda sexa unha mostra máis da soberbia e a prepotencia do goberno de Fumega.
As explicacións deberían darllas a toda a xente que precisa mascarillas e non pode acceder a elas, namentres Fumega, Dacal, Sotelo e compañía deciden arbitrariamente quen ten dereito. Eso sí é facer política rastreira a conta da saúde da veciñanza.

AVANTAR ACTIVIDADES