Carballiño sobe 2 casos hoxe e Beariz baixa sete, para ter un total de 12 contaxiados

O Concello do Carballiño sobe os casos activos para ter un total de 6. A tendencia á baixa mantívose durante os últimos días, chagando a cifras tan optimistas coma as do verán, pero hoxe rexistrouse a primeira suba. A comarca baixa tamén os casos, sumando un total de 21.

Beariz segue sendo o punto máis preocupante da comarca, aínda que hoxe baixou sete casos, para ter un total de 12.  A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados. Onte notificouse un falecemento entre os seus residentes, que se suma os catro da semana pasada.

AVANTAR ACTIVIDADES

O resto de concellos mantéñense estables. Maside baixa un caso ata un só contaxiado e San Cristovo de Cea conta con dous casos. Os demais concellos, O Irixo, Boborás, Punxín, Piñor e San Amaro están libres de coronavirus.