Funtastik No Limits presenta o I Concurso Escolar de Curtametraxes para Primaria na provincia de Ourense

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ourense, setembro de 2026. Funtastik No Limits anuncia o lanzamento do I Concurso Escolar de Curtametraxes Funtastik, unha iniciativa dirixida aos centros de Educación Primaria da provincia de Ourense co obxectivo de fomentar a creatividade audiovisual, o traballo en equipo e os valores de respecto, convivencia e sustentabilidade vinculados ao Camiño de Santiago.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O certame propón como tema central “O Camiño de Santiago pola provincia de Ourense e o Turismo Responsable”, e anima ao alumnado a crear curtametraxes de ata 5 minutos, gravadas con calquera dispositivo dixital e editadas con ferramentas externas.

Cada centro poderá presentar ata 4 obras, que deberán ser orixinais, entregarse en formato MP4 e cumprir os requisitos técnicos e legais establecidos nas bases do concurso.

Premios

O concurso contará con dous recoñecementos principais:

  • 1º Premio: unha Xornada Funtastik no propio colexio, con actividades lúdicas e educativas adaptadas ao alumnado.
  • Premio Especial “Valores do Camiño”: mención honorífica, unha árbore autóctona “Camiño Sostible” para plantar no centro e un vale de 200 € en material deportivo.

As obras finalistas serán proxectadas durante Funtastik Ourense 2026, no recinto

EXPOURENSE, onde tamén terá lugar a entrega de premios.

Prazo e inscrición

O prazo de entrega das curtametraxes remata ás 23:59 h do mércores 30 de setembro de 2026. As inscricións deberán enviarse ao correo cortos.funtastik@gmail.com, incluíndo a ligazón ao vídeo, ficha técnica, autorizacións e documentación requirida.


BASES

I CONCURSO ESCOLAR DE CURTAMETRAXES FUNTASTIK – PRIMARIA
Tema: O Camiño de Santiago pola provincia de Ourense e o Turismo Responsable

  1. Organización
    Funtastik no Limits convoca o I Concurso Escolar de Curtametraxes Funtastik, dirixido a centros de Educación Primaria da provincia de Ourense
  2. Obxectivos do Concurso
    Os obxectivos principais son:
  • Fomentar un uso racional e artístico das novas tecnoloxías como instrumento de transmisión de mensaxes e de desenvolvemento da creatividade.
  • Promover o traballo en equipo e a colaboración entre o alumnado para lograr un obxectivo común.
  • Desenvolver habilidades críticas e reflexivas a través da creación e análise de contido audiovisual.
  • Estimular o interese pola cultura cinematográfica e o arte audiovisual como ferramentas educativas e de entretemento.
  • Promover valores de respecto, convivencia e sustentabilidade vinculados ao Camiño de Santiago.
  1. Requisitos das Obras
    Temática
  • O tema obrigatorio é O Camiño de Santiago pola provincia de Ourense e o turismo responsable.
    Gravación
  • As curtametraxes poden ser gravadas con calquera dispositivo dixital.
  • A edición poderá realizarse con calquera ferramenta externa.
    Uso da IA (Intelixencia Artificial)
    FUNTASTINO LIMITS 2026 | MANTESIL, SLU
  • Permítese o uso da IA como apoio, sen substituír o traballo creativo do alumnado.
  • Deberá entregarse o Anexo I sobre o uso responsable da IA.
  • Cada obra incluirá unha declaración de uso da IA (máx. 5 liñas).
    Duración
  • As obras deberán ser orixinais.
  • A duración máxima será de 5 minutos, incluídos créditos e tomas falsas. Recoméndase unha duración de entre 2 e 4 minutos.
    Formato
  • As obras entregaranse en formato MP4, coa máxima calidade posible.
    Contido
  • Prohíbese a publicidade.
  • As tomas falsas deberán estar dentro dos 5 minutos totais.
  • A organización excluirá obras con contido: violento, sexista, racista, discriminatorio, ou que vulneren dereitos fundamentais.
    Número de obras por centro
  • Cada centro poderá presentar ata 4 curtametraxes.
  1. Propiedade das Obras
    As curtametraxes pasarán a formar parte do arquivo audiovisual de Funtastik no Limits, podendo empregarse para fins educativos, divulgativos e non comerciais, incluíndo:
  • proxeccións en eventos
  • difusión en redes sociais
  • materiais pedagóxicos
  • arquivo histórico do proxecto
    Os dereitos de autoría seguirán pertencendo ao centro e ao alumnado.
  1. Inscrición
    Procedemento
    A inscrición realizarase enviando un correo electrónico a:
    FUNTASTINO LIMITS 2026 | MANTESIL, SLU
    cortos.funtastik@gmail.com Asunto: “Inscrición I Concurso Funtastik”
    No corpo da mensaxe deberán indicarse:
  • Nome do colexio participante
  • Aula participante
    O correo deberá incluír:
  • Ligazón ao cortometraxe con permisos de acceso
  • Título da obra
  • Colexio e aula participante
  • Títulos de crédito
  • Formato do vídeo
  • Duración total
  • Declaración de uso da IA (Anexo I)
  • Autorizacións asinadas (Anexo II)
  • Ficha técnica (Anexo III)
    Prazo de entrega
    Ata as 23:59 horas do mércores 30 de setembro de 2026.
  1. Desenvolvemento do Concurso
  • A organización seleccionará as obras finalistas segundo criterios de calidade, técnica e cumprimento das bases.
  • A organización poderá resolver calquera cuestión non prevista nestas bases.
  • Poderase decidir non proxectar algunha obra se non cumpre os requisitos técnicos ou legais.
  • A participación implica a aceptación íntegra destas bases.
  • A organización poderá modificar a cantidade final dos premios segundo o número e calidade das obras presentadas.
  1. Xurado
    O xurado estará composto por:
  • Dous/dúas representantes de Funtastik No Limits
    FUNTASTINO LIMITS 2026 | MANTESIL, SLU
  • Unha persoa experta en arte ou audiovisual
  • Unha persoa experta en educación, cultura ou patrimonio.
  • Unha persoa representante dunha entidade cultural ou social galega.
    As decisións do xurado serán inapelables.
  1. Criterios de Avaliación
  • Creatividade e orixinalidade
  • Narrativa e coherencia
  • Actuación e dirección
  • Uso de recursos técnicos
  • Impacto emocional e claridade da mensaxe
  • Respecto polos valores do Camiño de Santiago
  • Participación activa do alumnado
  • Contextualización
  • Desenvolvemento de personaxes
  1. Premios
    1º Premio
  • Xornada Funtastik no propio colexio para tódolos alumnos.
    Mini Funtastik, unha xornada lúdica e educativa no propio centro con actividades adaptadas ao número de escolares, ás idades e ao espazo dispoñible.
    A data de celebración deberá ser consensuada coa empresa MANTESIL, SLU
    Premio Especial “Valores do Camiño”
    Mención honorífica ao curto que mellor represente respecto, inclusión e sustentabilidade.
  • Árbore autóctona simbólica “Camiño Sostible” para plantar no centro.
  • Vale de 200,00€ para gastar en material deportivo para o centro.
    FUNTASTINO LIMITS 2026 | MANTESIL, SLU
  1. Entrega de premios
  • A entrega de premios realizarase no recinto EXPOURENSE durante a edición de Funtastik en Ourense 2026. A asistencia á entrega non é obrigatoria para recibir o premio.
  • As obras finalistas poderán ser proxectadas no mesmo recinto.
    Coordinadora de Mantesil e FUNTASTIK NO LIMITS Camino Prada
    617 317 352
    cortos.funtastik@gmail.com
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------