Avión aproba a reducción da tasa do lixo ós establecementos afectados pola Covid-19

IES CHAMOSO LAMAS

O concello de Avión aprobou por unanimidade a reducción da tasa do lixo con efecto para o ano 2020 en aqueles establecementos municipais que se viron afectados polos efectos da Covid-19.

Respecto á reducción da tasa, aplicarase ós establecementos que estiveron pechados durante o estado de alarma, así coma aqueles que viron mermadas as súas vendas ou actividade.

OZOCOgz Deseño Galego

Para recibir esta axuda directa, os afectados terán que presentar no concello o xustificante de ter aboado o recibo correspondente pola taxa pola recollida do lixo correspondente a este ano. Unha vez realizado este procedemento, o concello devolverá esta cuantía correspondente ós porcentaxes sobre este imposto, segundo a actividade da que se trate.

O concello de Avión busca paliar e minimizar con esta medida a difícil situación a ue se están enfrontando os comerciantes de Avión neste complicado ano debido á pandemia.