Antonio Míguez Amil

Publicidade

“Na viña está escrito o que vai ser o viño”, “a cepa non deixa de ser un bonsai” ou “o que no século XIX era innovación, agora é tradición”, son frases xeniais dun verdadeiro arqueólogo e conservador do viño.

Corresponden á filosofía sincera e auténtica de Antonio Amil, viticultor vocacional do Ribeiro, que cultiva a súa “viña estrela”, en Peitieiros, a carón dun lagar rupestre, posiblemente con máis de mil anos de historia.

Desde o Museo do Viño de Galicia, co gallo do lema do ICOM (Consello Internacional dos Museos) para 2021, “Recuperar e reimaxinar”, queremos darvos a coñecer a singular e respectuicionalista das vides, que entre outras prácticas ten axudado a que volte a ser realidade o tostado tinto, a crianza en botellas baixo terra ou o emprego de moitas variedades medio esquecidas, coma o espadeiro.

VIDEO Premer na Imaxe