137 padeeiros participan este domingo en Barra de Miño na quinta regata da Copa Deputación de Piragüismo

Presentación da XVII Regata "Pub Gaddafi" - Copa Deputación de piragüismo a dispotar o 25 de outubro a partires das 11:00 en Barra de Miño (Coles). Asisten Bernardino González (Asesor de Deportes da Deputación Ourense), Susana Rodríguez Rodríguez (Tenente de Alcalde de Coles), Mercedes Sánchez González e Santiago Carbajales Mosquera (Secretaria e directivo do clube Piragüismo Ourense, respectivamente)

Un total de 137 padeeiros participan este próximo  domingo, día 25, na quinta regata da Copa Deputación de Piragüismo, a celebrar en Barra de Miño (Coles). Unha proba incluída no campionato provincial desta disciplina e organizada polo Club Piragüismo Ourense e a federación galega, ademais do patrocinio da Deputación.

A regata foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do asesor de Deportes do goberno provincial, Bernardino González; a tenente alcalde de Coles, Susana Rodríguez; e os representantes do club organizador, Mercedes Sánchez e Santiago Carvajales.

A regata pecha a tempada 2021-2022, así como tamén a liga provincial nas categorías prebenxamín,  benxamín, alevín, infantil e cadete. Os 137 inscritos, un 25 % máis con respecto á participación do pasado ano, pertencen a cinco clubs da provincia: Fontefría de Muíños; Fluvial O Barco; Fluvial Avión; Castrelo de Miño; Fluvial Allariz; e Piragüismo Ourense.

PUBLICIDADE ELECTORAL