Falta de limpeza, de coidado das árbores, ou sinalización caída son algunhas das demandas.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Solicita tamén unha solución para refugallo de obra que foi depositado alí de maneira improcedente.
Levamos anos pedíndoo sen conseguilo.Na actual lexislatura temos feito varios escritos, e a situación foi a peor.

O Campo da Feira é un parque público, e unha área de autocaravanas con usuarios durante todo o ano. Aínda que no verán está cheo, no inverno tamén ten moitos usuarios, sobre todo nas fin de semana.
Por este motivo, Ribeiro en Común reclama que o Concello coide o seu aspecto e mantemento.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
















