.
Os axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica de Ourense procederon a tomar declaración a un varón, investigado como presunto autor dun incendio forestal rexistrado o pasado 10 de xuño, no lugar de Cimadevila, do concello de Laza afectando 0,1 hectáreas de monte raso.
O incendio orixinouse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais sen tomar as medidas de precaución necesarias, o que provocou que o lume se propagara á finca lindante.
Na súa extinción participaron un axente forestal, unha motobomba e tres brigadas do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta. As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda do Verín.
No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 28 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.