Espazo Común critica ao Concello por non ter contratado xa o servizo de limpeza de maleza

IES CHAMOSO LAMAS

A 27 de xuño o concello do Carballiño aínda non foi capaz de facer nin de contratar a limpeza de maleza

Hai rúas do Carballiño que semellan tal cal unha selva e camiños naturais moi transitados imposibles de percorrer.

OZOCOgz Deseño Galego

Con dous procedementos de privatización abertos, comezados tarde e mal, e un  gasto previsto de 250.000 € é vergoñenta a imaxe actual do pobo.

Curiosamente, os contratos son por dous anos, o que demostra que a única preocupación de Fumega é o ano electoral.

Estamos xa a rematar o mes de xuño e o aspecto que presentan as rúas, estradas e camiños do Carballiño é o peor que se lembra en moitos anos. Maleza invadindoo todo; camiños empregados por sendeiristas, pescadores e deportistas absolutamente intransitables; lugares do rural practicamente inaccesibles…

En Espazo Común non pasa un día sen que recibamos de veciños varias queixas sobre esta problemática, causada principalmente pola incapacidade do grupo de goberno. O máis caro e o menos capacitado da historia do Carballiño.

Que a estas alturas do verán se dea esta situación aínda é máis grave se temos en conta que están en marcha dous procesos para a privatización deste servizo (un máis) pero que debido á falla de previsión e á torpeza, foron iniciados tarde e mal. Coma todos.

“Mantemento integral e conservación de zonas verdes do casco urbano” e “Contrato de servizo, conservación e mantemento integral de zaonas verdes e outras zonas públicas do rural” son, tal e como se pode ver no Perfil do contratante do Concello, os nomes de dúas adxudicacións pendentes de facer a algunha empresa e que, segundo os pregos, poden chegar a ter un custo de 250.000 € este ano para as arcas municipais.

É dicir, vanse gastar preto de 250.000 € para que se comece a limpar a maleza a non se sabe moi ben que altura do mes de xullo. A incompetencia de Fumega e o seu equipo comeza a raiar o absurdo.

Se temos en conta que hai un gasto de máis de 4 millóns de euros en persoal, tampouco se entende que non se fixeran contratacións de persoal temporal para ir facendo o traballo.

Con respecto á privatización deste servizo, hai outra curiosidade. O contrato faise por dous anos, o que demostra claramente unha vez máis que a preocupación de Fumega, que xa nin disimula, é só o ano 2023, o das eleccións. Dálle igual que este ano o pobo estea feito unha pena.