O Carballiño segue libre de covid e cun so contaxio na comarca, no concello de Punxín

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 1 (=) contaxiado únicamente, ca mesma situación ca onte. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, quedaba esta semana libre de covid, por primeira vez dende o verán de 2020. Punxín mantén un caso activo. Os demais concellos están libres de covid.

No Ribeiro,  a comarca rexistra 8 (=) casos activos, a mesma situación ca onte. Catro casos correspóndense ca súa capital, Ribadavia, os mesmos ca onte. O concello de Melón presenta un caso. Leiro presenta dous casos activos. E Avión presenta hoxe un caso activo. Todos os demais concellos están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES