O Carballiño acolle o sábado a primeira cita da temporada da F ederación Galega de Patinaxe, a I Fase de Niveis

O Club Aehde celebra neste 2023 o seu décimo aniversario e o primeiro acto chega o sábado na celebración no pavillón anexo Paco Chao da I Fase de Niveis do 5 ao 10, na modalidade de libre, que organiza o club carballiñés conxuntamente da Federación Galega de Patinaxe.

Na cita, que se celebra dende as dez da mañá ata as 20 horas en xornadas de mañá e tarde e que contará ca participación de 25 equipos do sur de Galicia, das provincias de Pontevedra e Ourense, e cuns 200 patinadoras e patinadores.

AVANTAR ACTIVIDADES

Será a primeira das tres citas oficiais da FGP que organice o Club Aehde neste 2023 na modalidade de artística porque o última fin de semana de xuño albergará outra fase de Niveis, neste caso do 1 ao 4, e en xullo a Copa Galega de show que volve ao Carballiño despois do éxito do ano 2021.