O Carballiño baixa ós 12 casos activos. O Irixo mantén 9 contaxios e Maside mantén 2 positivos

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 25, sobre todo pola evolución de tres concellos.

Publicidade

O Carballiño descende os contaxios, baixando ata os 12 positivos, tres casos activos menos ca onte.

O Irixo rexistrou un brote familiar que subía onte ós 5 casos activos. O cribado celebrado o pasado mércores deixou 4 positivos, que sumados ós que xa había, deixou a cifra de 9 contaxios, que se mantén dende o xoves.

Maside mantén 2 casos activos, saíndo xa das cifras de perigo. Boborás mantén un caso activo. San Cristovo de Cea conta tamén cun caso activo.

E os demais concellos,  Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.