O Ribeiro mantén os 71 casos activos de onte, 45 de Ribadavia

O Concello de Ribadavia é o que mais preocupa en canto a evolución do coronavirus na comarca do Ribeiro, ao contabilizar 45 casos activos, dos cales 23 pertencen ao brote da Residencia da Terceira Idade. Ao estar os contaxios tan localizados na súa maioría na residencia, o alcalde da vila, César Fernández Gil, non agarda que se vaian a tomar mais medidas restritivas por parte da Xunta, pero ainda así, haberá que estar ao que decida o comité clínico este venres.

Castrelo de Miño mantense en nivel amarelo no mapa epidemiolóxico da xunta ao contabilizar 11 casos activos dende o luns.

AVANTAR ACTIVIDADES

En Cenlle aumenta 1 caso activo hoxe, sumando 4 contaxios; mentres que a tendencia á baixa segue en Carballeda de Avia, que baixa un caso, ata situarse sen ningún caso activo. Por outro lado, mantéñense nas mesmas cifras Arnoia, con un caso activo; Avión, con 3 casos activos; Cortegada con un caso activo; Leiro estabilizase na tendencia á baixa con 5 casos activos e Melón con un caso activo. Por outro lado, Beade segue sen rexistrar ningún contaxio, como tendencia dende as últimas semanas.