A Xunta de Galicia concede axudas para a creación de novas casas do maior

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Xunta de Galicia ten aberta unha nova convocatoria para solicitar unha subvención para montar unha Casa do Maior. O prazo está aberto ata o día 22 de maio.

As axudas que se conceden por parte da administración son de 15.000 euros para adaptar o local que se destinará á casa do maior e de ata 19.600 euros o ano para a xestión deste servizo.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As casas do maior son un servizo de atención diúrna gratuíto para maiores de 60 anos. Para garantir unha atención personalizada, contan cun máximo de cinco prazas cada unha. O servizo é prestado por profesionais autónomos ou cooperativas de traballo asociado, en concellos que non contan con recursos de atención diúrna para maiores.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------