O restaurante ¡Ay Wey! do Carballiño compite nunha nova edición do ‘Campeonato de Tacos’ de España

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alcalde en funcións do Carballiño, José Castro-Gil, recibiu esta mañá no salón de plenos a Pili Belenda e Humberto Macedo, propietarios do restaurante ¡Ay Wey!, ubicado na nosa vila, e que participa no IV Campeonato de Tacos de España para alcanzar o título de mellor taco de todo o país.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O ¡Ay Wey! é o único local hostaleiro da provincia ourensá que compite. Belenda e Macedo convidan á poboación a degustar o taco “gusano”, elaborado a partir de tres tortillas de fariña, feixón negro, queixo tipo oaxaca, tinga de polo ao chipotle e guacamole. As votacións, que inclúen xurado profesional e público, rematan o 21 de xuño.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------