O sábado, día 16 de maio, O Centro Galego de Castellón “O Aturuxo” celebrou o Día das Letras Galegas na Deputación de Castellón.
Acompañaron o acto ás siguentes autoridades: José Tárrega, director xeral de Participació Ciutadana de la Generalitat Valenciana; o tenente alcalde concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Cabañero; Mónica Barabás e José Luis López Ibáñez, concelleiros do grupo socialista no Excmo. Concello de Castellón.
Por outro lado contamos ca presenza dos representantes doutras casas rexionais de Asturias, Andalucía e Castela-A Mancha, da confraría de Santa María Magdalena, así como de socios, socias, amizades e persoas asistentes.
No Día das Letras Galegas, o día da nosa lingua e da nosa identidade, este ano a homenaxeada foi Begoña Caamaño, a sexta muller en recibir esta distinción. Para falar dela contamos como convidada coa escritora Pura Salceda, nada en México por mor da emigración, aínda que coas súas raíces ligadas a Galicia, máis concretamente a Feás ( Boborás, Ourense). Dende os tres anos reside en Barcelona.
Pura é licenciada en Filoloxía Hispánica e doutora en Filoloxía Románica. Contribuíu á divulgación da nosa lingua como tradutora de galego, castelán e catalán, colaborando en proxectos educativos e en destacados dicionarios como Vox (Larousse) e Edebé. Impartiu clases de lingua e cultura galega en Cataluña, foi secretaria xeral da Asociación Colexial de Escritores de Cataluña (ACEC) e membro de diversas asociacións literarias.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Unha das súas novelas está ambientada na parroquia de Feás: O paxaro de Nácara (Editorial Galaxia, 2019).
Tamén se dedica á literatura e, no ano 2025, recibiu o Premio de Novela Vilar Ponte, convocado polo Concello de Viveiro, coa súa obra A dous pasos do Edén.
Nos acompañaron nesta data, os nosos benqueridos Antonio Barros e Ialma, no apartado musical.
Dende a organización queremos agredecer a todos los que nos acompañaron neste acto da identidade galega.
















