A obra do novo saneamento e beirarrúas de San Cristovo de Regodeigón obrigará a cortas a estrada Ribadavia – O Carballiño.

A Estrada autonómica OU-504 verase cortada ao tráfico entre o luns e o venres da semana que ven.

A obra que o Concello e Confederación están a realizar do novo saneamento de Regodeigón, no termo municipal de Ribadavia, é o motivo do corte de tráfico.

AVANTAR ACTIVIDADES

O punto exacto de corte será no PQ 1,800, en ambos marxes. Entre o núcleo de San Cristovo de Regodeigón, no municipio de Ribadavia, e Coedo, no municipio de Cenlle. Sendo afectados tamén os municipios de Beade e Leiro.

Datas: entre os días 13, luns, a media mañá, e o día 17 de febreiro, venres, ambos incluídos.

Polo que o tráfico entre Ribadavia e O Carballiño desviarase por Valdepereira- Camporredondo – Esposende- Pazos Ermos- Coedo.

Mentres que os residentes dos núcleos afectados e traballadores do Polígono terán acceso ás vías secundarias alternativas, xa que este corte da vía principal non vai afectar a estas vías secundarias, que quedarán libres co obxectivo de prexudicar o menos posible á veciñanza.

As obras de RENOVACIÓN DAS CANALIZACIÓNS NA ZONA DE SAN CRISTOVO, promovidas pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil, esixen cortar o acceso do tráfico na estrada OU-504, p.k. 1,800 entre os dias 13 o 17 de febreiro do 2023, ambos inclusivos, desviándose o tráfico pola OU-0309, dende a N-120 ata o cruce de Coedo e viceversa, de acordo coa sinalización do itenerario alternativo.

Desde o Concello de Ribadavia fíxose reparto informativo á poboación, realizouse a colocación de sinalización indicando as vías alternativas dispoñibles, e sairán anuncios institucionais sábado e domingo para o seu coñecemento xeral. Así mesmo, realizouse comunicación a todos os concellos afectados e ás empresas de transporte de pasaxeiros.

A policía local e a Agrupación de Protección civil e GES participarán no operativo para regular o tráfico e explicar á poboación as alternativas.

Pregámoslle á poboación que desculpen as molestias que estas obras necesarias poidan ocasionar. Son obras moi agardadas e importantes, xa que suporán non só a realización de novas beirarrúas senón o cambio da rede de saneamento e subministro de auga, que se atopaba en moi mal estado, provocando continúas avarías e molestias á poboación.