Sanidade iniciará este domingo día 17 a vacinación da segunda dose da vacina Pfizer, segundo anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O 94% das residencias galegas recibiron xa a primeira dose. Espérase que a segunda volta desta campaña estea finalizada a finais do mes de xaneiro ou principios do mes de febreiro. Despois de inmunizar ó grupo de residencias de maiores e sanitarios de primeira liña, a campaña seguirá co resto do persoal sanitario, que o fará a partir do día 10 ou 12 de febreiro. O seguinte grupo serán os grandes dependentes, a partir de principios de marzo.

Feijóo salientou que está preparado un equipo formado por 2.200 profesionais, dos que polo momento están a vacinar 200 ao non haber doses suficientes, un dispositivo que está moi lonxe de acadar as posibilidades máximas de dispensación, segundo o presidente, que engadiu que se recibirán 1.800 doses de Moderna, que se suman ás 18.000 que recibe Galicia cada luns de Pfizer e polo tanto sumarán 20.000 á semana.